02/01/2015

Autobuses eléctricos


Autobuses eléctricos?
A automoción é unha das causas máis grandes de degradación ambiental nas cidades (ruídos, fumes). Para corrixilo, cómpre limitar o acceso do transporte privado (autos individuais) e potenciar o transporte público polos núcleos urbanos.
Dentro dese transporte,os motores eléctricos teñen claras vantaxes sobre os motores de combustión:
-son silenciosos
-pode funcionar con baterías (evitamos os cables) e podemos recargar as baterías con enerxías renovábeis (paneis fotovoltáicos)