06/10/2015

Proxecto 2º ESO 2014-15

Comeza un novo curso e en 2º ESO , dentro do taller, desenvolveremos un proxecto doado para aprender manexar as ferramentas (corte, aparafusado,medida, trazado,...). Vai levar un motoriño eléctrico con redutora de velocidade por poleas, e o proxecto vai quedar bastante aberto, a escollerdes entre os que vos propoñen estes tres enlaces
Enlace 1
Enlace 2
Enlace 3




video


 Recordade que debedes presentar un proxecto técnico revisado polo profesor antes de escomenzardes no taller



DOCUMENTACIÓN PROXECTO TÉCNICO


Os contidos do Proxecto Técnico son os seguintes:



Portada

Nome do proxecto

Nome e apelidos alumnado do grupo


Índice de contidos

1.- Memoria descritiva

2.- Planos

3.- Listaxe de materiais

4.- Proceso de fabricación

5.- Orzamento

6.- Avaliación do resultado






1. MEMORIA DESCRITIVA



1.1. Compoñentes do grupo de traballo

Encargado de material: recolle e obtén o material necesario para traballar; así mesmo, encárgase de reciclar de maneira adecuada o sobrante.

Encargado de limpeza: axudado polo resto dos seus compañeiros de grupo, deberá asegurarse que o posto de traballo queda completamente limpo.

1.2. Proposta de traballo (daraa o profesor)

1.3. Condicións (daraa o profesor)

1.4. Descrición do funcionamento do obxecto construído




2. PLANOS

2.1. Debuxo do deseño completo

2.2. Debuxo de cada peza indicando as súas medidas

2.3. Debuxo dos esquemas eléctricos.



3. LISTAXE DE MATERIAIS

Realizarase unha lista dos materiais empregados



4. PROCESO DE FABRICACIÓN

Realizarase unha táboa coas tarefas que se deben de realizar até montar o noso traballo.



Nº orde TAREFA FERRAMENTAS OBSERVACIÓNS DURACIÓN


































Algunhas das tarefas que seguro que hai que realizar son:



Corte das pezas

Tradeado das pezas

Pegado das pezas

Colocación dos compoñentes eléctricos

Cableado (colocación dos cables) dos compoñentes eléctricos

Conexión (soldadura) dos compoñentes eléctricos

Montaxe do motor

Decoración do traballo

Pintado....




5. AVALIACIÓN



Neste apartado faremos unha redacción explicando como quedou o traballo, se é adecuado, se cumpre as condicións dadas. Explicaremos tamén como traballou o grupo e se cada membro do mesmo cumpriu coas funcións encomendadas

Sem comentários: