13/05/2010

O pasado mércores 1 de febreiro Antonio e Apolinario visitaron o CPI da Ribeira dentro dun programa de visitas para observar o uso do galego nos centros educativos
Antonio e Apolinario son representantes da organización indíxena "Asociación para a promoción da Educación e o Desenvolvementode Apurímac" Tarpurisunchis; viñeron acompañados de dous membros galegos da asociación amiga de "Educación sin Fronteras". O motivo da viaxe a terras galegas é o de profundizar no estudo do sistema lingüístico galego para podelo aplicar na sua rexión de Apurímac.
Na súa charla con alumnado de 4º de ESO relataron o traballo que están a facer para que o seu idioma materno, o quechua, poida ser utilizado na escola.Falaron de como foi a súa educación imposta en castelán e como pouco a pouco foron rescatando a súa cultura e idiomas propios. Faláronnos da dificultade de normalizar a súa lingua cando o idioma prestixiado, o vencellado ás elites políticas e económicas, é o castelán. Un dos eixos do seu traballo é potenciar os textos escritos na súa lingua.
O alumnado amosouse interesado na cultura quechua e fixeron algunhas preguntas aos nosos amigos. Cabe salientar a mensaxe de Antonio e Apolinario de que todas as linguas son necesarias e que a súa defensa e a sua continuidade no tempo fan que a riqueza multicultural que ten o mundo non diminúa
Ademáis da súa presencia no centro ´regálannos unha páxina web onde podemos ler
"Soñamos cunha rexión na que homes, mulleres, nenos e nenas vivindo en benestar, decidan con plenitude e responsabilidade sobre as súas vidas, recreando formas e prácticas de convivencia, sustentadas na participación, a xustiza e a solidariedade.
Sentimos e pensamos que a educación rexional e o desenvolvemento das capacidades das organizacións comunitarias constitúen dous eixos e pancas poderosas para mellorar a vida da xente"
Saúde e sorte, amigos

1 comentário:

praticas blog disse...

a mi pareceme que eles o fixeron ben por que unha lingua nonse debe perder por que e un sinbolo das tuas raizes e un sinbolo da tua edentidede
e inda que te o enpoñan desde cativo senpre deves loitra pola tua ligua por que iso no topoden quitar