03/06/2014


Edición de video.(4º ESO)

Elabora unha curta de 4 minutos de duración (aproximadamente). O tema da curtametraxe estará relacionada con algún destes temas, mellor orientados á realidade do noso entorno (o lugar, a parroquia,...)
- A natureza.
- A industria.
- O cinema.
- O lecer.
- Os medios de transporte.
-A túa parroquia
-Arquitectura tradicional
-Outro que propoñades

Para iso:

Previo: familiarízate co openshot, o programa que imos utilizar. Podes facelo desde esta ligazón

1. Crea un cartafol:
Crea un cartafol co nome CURTA DE CINEMA.

2. Elabora un guión:
Elabora un pequeno guión co argumento, o material que vas utilizar para desenvolver a historia, os personaxes que interveñen, etc. Gárdao e mándao por correo

3. Selecciona os vídeos que vaias usar
Busca 3 ou 4 vídeos para a túa curta. Garda os vídeos seleccionados nun cartafol co nome VÍDEOS,
dentro do cartafol CURTA DE CINEMA.

4. Selecciona as fotografías:
Escolle 15 fotografías relacionadas co tema que escolliches. Gárdaas nun cartafol co nome FOTOGRAFÍAS, dentro do cartafol CURTA DE CINEMA.

5. Realiza a edición da curta:
Realiza a montaxe da curta intercalando os clips de vídeos e imaxes, engade títulos, música, voz, efectos, etc, dando un aspecto máis atractivo e profesional á presentación. Gárdao dentro do cartafol CURTA DE CINEMA.

6. Exposición:
Proxectaremos as curtas en clase. O xurado estará formado polo resto de compañeiros. Puntuaranse a creatividade, calidade, son,etc.

08/04/2014

Para a sesión de titoría de hoxe, 8 de abril, imos dar uns consellos para tomar uns bos apuntamentos. Lede de vagar os contidos da ligazón e enchede o cadro que vos dou nunha folla Tomar apuntamentos

14/03/2014


2ª avaliación informática
  1. 2 pasatempos numéricos (10 puntos)
  2. Actividade sobre o son (10 puntos)
  3. Prácticas iniciais de audacity (obrigatorias polo menos 4) (10 puntos)
  4. Última práctica (anuncio) (10 puntos) en parellas
  5. Poemas Rosalía e Díaz Castro (5 puntos cada un) en parellas
  6. BLOG
    1. No voso blog
      • Tres entradas polo menos no voso blog (2 puntos cada unha, ata 10)
        • -texto (obrigatorio poñer algunha reflexión ou comentario)
        • -imaxes
        • -videos inseridos
        • -enlaces
      • Lista de blogs de compañeiros
      • Lista de páxinas sobre o tema elixido (as máis visitadas por vós)
      • Habilitar comentarios de todos os compañeiros e do profesor
    2. Comentarios nos blogues dos compañeiros: (2 puntos cada un,ata10)
      • Debedes facer polo menos tres, en tres blogs distintos, identificándovos (para puntuar)

É obrigatorio sacar un 4 polo menos en cada un dos sete apartados . De non acadalo, tedes que recuperar a parte correspondente


11/02/2014

Estamos perto do 14 de febreiro, e aínda que o amor (á parella, aos compañeiros e compañeiras, á humanidade , a toda a vida) nas súas innumerábeis manifestacións (o cariño , as apertas, os bicos, os soños compartidos,escoitar con atención, reparar as inxustizas, ...) debe estar presente a cotío, póñovos aquí esta curta que me arrincou un sorriso e un aquel de tenrura

07/02/2014

Os metais.2ºESO 2013-14

Tedes aquí algúns enlaces de interés para as tarefas sobre metais
Propiedades dos materiais
Os metais
Presentación sobre os metais

23/01/2014

ENLACES PARA O TEMA DA MADEIRA 2º eso 2013-14


INFORMACIÓNS XERAIS
QUE É, COMPOSICIÓN, ESTRUTURA E OBTENCIÓN:
PROPIEDADES:
DEFECTOS:
TIPOS, DERIVADOS DA MADEIRA E PRESENTACIÓN COMERCIAL:
UNIÓNS EN MADEIRA. FERRAMENTAS PARA TRABALLAR A MADEIRA:
USOS E APLICACIÓNS.O traballo coa madeira